Inserir unha tarxeta de memoria
Utilice unicamente tarxetas de memoria compatibles autorizadas por Nokia para
utilizarse co dispositivo. As tarxetas non compatibles poden producir danos na
tarxeta e no dispositivo e danar os datos almacenados na tarxeta.
O teléfono admite tarxetas de memoria cunha capacidade de ata 32 GB.
Introdución
7
1 Quite a tapa posterior.
2 Asegúrese de que a zona dos contactos da tarxeta de memoria se atope orientada
cara a abaixo e insira a tarxeta. Empuxe a tarxeta cara a dentro ata que quede
encaixada.
3 Coloque de novo a tapa posterior.
Extracción da tarxeta de memoria
Importante: Non retire a tarxeta de memoria mentres estea sendo utilizada por
unha aplicación. Podería producir danos na tarxeta de memoria e no dispositivo e
danar os datos almacenados na tarxeta.
A tarxeta de memoria pódese extraer ou substituír sen apagar o teléfono.
1 Quite a tapa posterior.
2 Empuxe a tarxeta cara ao interior ata liberala e tire dela cara a fóra.
3 Coloque de novo a tapa posterior.