
Inserir a tarxeta SIM e a batería
Nota: Apague o dispositivo e desconecte o cargador e os demais dispositivos
antes de extraer as tapas. Evite tocar os compoñentes electrónicos cando cambie as
tapas. Garde e utilice sempre o dispositivo coas tapas instaladas.
Importante: O dispositivo está deseñado para utilizarse unicamente cunha tarxeta
SIM estándar (consulte a ilustración). O uso de tarxetas SIM non compatibles pode
producir danos na tarxeta ou no dispositivo e danar os datos almacenados na tarxeta.
Póñase en contacto co seu operador de telefonía móbil para obter información acerca
do uso dunha tarxeta SIM que dispoña dun interruptor mini-UICC.
Importante: Para evitar danos na tarxeta SIM, retire sempre a batería antes de
inserir ou extraer a tarxeta.
Este teléfono está destinado a empregarse con baterías BL-4C. Utilice sempre
baterías orixinais de Nokia.
A tarxeta SIM e os seus contactos poden danarse facilmente se se raia ou dobra, polo
tanto, tea coidado ao manipular, inserir ou retirar a tarxeta.
1 Coloque o dedo no oco situado na parte superior do teléfono e levante e extraia
con coidado a tapa posterior (1).
2 Se a batería se atopa inserida, levántea (2).
3 Inserir ou extraer a tarxeta SIM (3 ou 4). Asegúrese de que a zona de contacto da
tarxeta se atope orientada cara abaixo.
6
Introdución

4 Aliñe os contactos da batería cos do compartimento desta, e insira a batería (5).
Para volver colocar a tapa posterior, dirixa os enganches de bloqueo inferiores
cara ás súas rañuras (6) e prema cara abaixo ata que a tapa encaixe no seu sitio
(7).