
Enviar unha imaxe ou vídeo
Desexa compartir as súas imaxes e vídeos cos seus amigos e familiares? Envíe unha
mensaxe multimedia ou envíe unha imaxe mediante Bluetooth.
Seleccione
Menú
>
Fotos
.
Enviar unha imaxe
1 Seleccione o cartafol que contén a imaxe.
2 Seleccione a imaxe que desexa enviar.
Para enviar máis dunha imaxe, seleccione
Opcións
>
Marcar
e marque as imaxes
que desexe.
3 Seleccione
Opcións
>
Enviar
ou
Enviar marcados
e o método de envío desexado.
Enviar un vídeo
1 Seleccione o cartafol que contén o vídeo.
2 Seleccione
Opcións
>
Marcar
e marque o vídeo. Pode marcar varios vídeos para
enviar.
3 Seleccione
Opcións
>
Enviar marcados
e o método de envío desexado.