Actualizar o software do teléfono a través do teléfono
Desexa mellorar o rendemento do seu teléfono e obter actualizacións de aplicacións
e excelentes novas funcións? Actualice o software regularmente para obter o máximo
rendemento do seu teléfono. Tamén pode axustar o seu teléfono para que comprobe
automaticamente se existen actualizacións.
Aviso:
Se instala unha actualización de software, non poderá utilizar o dispositivo, nin
sequera para efectuar chamadas de emerxencia, ata completar a instalación e
reiniciar o dispositivo.
O uso dos servizos ou descarga de contido pode causar a transferencia de grandes
cantidades de datos, que poden implicar a aplicación de tarifas de tráfico de datos.
Asegúrese de que a batería do dispositivo dispoña de carga suficiente ou conecte o
cargador antes de iniciar a actualización.
Seleccione
Menú
>
Axustes
.
32
Axuda
1 Seleccione
Dispositivo
>
Actualizacións disp.
.
2 Para amosar a versión de software actual, seleccione
Detalles soft. actual
.
3 Para descargar e instalar unha actualización de software, seleccione
Desc.
software disp.
. Siga as instrucións da pantalla.
4 Se se cancela a actualización despois da descarga, seleccione
Instalar actual.
soft.
.
A actualización de software pode levar varios minutos. Se existen problemas coa
instalación, contacte co seu fornecedor do servizo.
Comprobar actualizacións de software automaticamente
Seleccione
Actualiz. autom. SW
e defina a frecuencia coa que desexa que se
comprobe se hai actualizacións de software novas.
É posible que o seu provedor do servizo de rede lle envíe actualizacións de software
directamente ao seu teléfono. Para obter máis información verbo deste servizo de
rede, contacte co seu provedor do servizo de rede.