
Consellos e ofertas
Para axudar a tirar o máximo proveito do teléfono e dos servizos, recibirá mensaxes
de texto personalizadas gratuítas de Nokia. As mensaxes conteñen consellos, trucos
e asistencia técnica.
Para deixar de recibir as mensaxes, seleccione
Menú
>
Aplicacións
>
As miñas
aplicac.
>
Consellos e ofertas
.
Para fornecer o servizo descrito anteriormente, envíase o seu número de teléfono
móbil, o número de serie do teléfono e algúns identificadores da subscrición móbil a
Nokia cando se utiliza o teléfono por primeira vez. É posible que parte de ou toda a
información tamén se envíe a Nokia ao actualizar o software. É posible que se utilice
esta información do xeito especificado na política de privacidade que se atopa
dispoñible na páxina www.nokia.com.